Síguenos en Facebook

Días en las diócesis

viernes, 13 de mayo de 2011

Facendo comunidade



Arela invitanos a participar os dias 14 e 15 nun curso en Allariz ( na casa de Emaús) , baixo o título Facendo Comunidade.
O sábado 14 ás 10:3o contán coa presencia do P. Franciscano Natalio Saludes Martínez. Pola tarde, haberá un encontro con persoas da Fraternidade Tau de Ponteareas.
O domingo dia 15 , e despois de celebrar a fe, falarase de realizar posibles accións conxuntas .O curso rematarase ás 16h, despois de xantar.
Para inscribirte ou ter máis información podes chamar a Alfredo Losada 639.93.82.16 ou a Juan López 981.92.65.48 ou enviar un correo a arela @microutopias.org

"Ao anunciar o Evanxeo, a Igrexa tómase en serio a vida humana en sentido pleno. Non é aceptable, reafirmaba o servo de Deus Paulo VI, que na evanxelización se descoiden os temas relacionados coa promoción humana, a xustiza, a liberación de toda forma de opresión, obviamente respetando a autonomía da esfera política. Desinteresarse dos problemas temporais da humanidade significaría «ignorar a doctrina do Evanxeo acerca do amor ao próximo que sofre ou padece necesidade» (Evangelii nuntiandi, 31. cf. n. 34); non estaría en sintonía co comportamiento de Xesús, o cal «percorría todas as cidades e os pobos, ensinando nas sinagogas, proclamando a boa nova do Reino e curando todas as enfermidades e doenzas» (Mt 9, 35)." (Mensaxe de Bieito XVI para a Xornada mundial de Misións 2011)

"A solidariedade é en primeiro lugar que todos se sintan responsables de todos; por tanto non pode deixarse soamente en mans do Estado. Mentras antes podíase pensar que o primeiro era alcanzar a xustiza e que a gratuidade viña despois coma un complemento, hoxe é necesario dicir que sen a gratuidade non se alcanza nin sequera a xustiza."

(Caritas in veritate, nº 38)


No hay comentarios:

Publicar un comentario